|
|
|
| |
|
|
Galicia
Xan Carballa
"Hai que falar, non hai máis remedio. Antes de aprender xeografía ou calquera outra cousa os nenos teñen que saber expresarse e falan porque ti lle falas. O neno aprende a respectar porque ve que ti respectas. Non hai berros nin castigos, e cando hai problemas non se traballa até que se resolven". Son algunhas das ideas coas que a mestra Antía Cal (La Habana, 1923) expresa o seu ideario pedagóxico, o mesmo que lle serviu para, en plena Ditadura, construír unha experiencia escolar moderna, fundando no ano 1961, en Vigo, o colexio Rosalía de Castro.
Auga e cultura. Achegamento gráfico
Dirección e coordinación do proxecto: Soledad Pite. Consello da Cultura Galega
Recolle as ilustracións feitas por 73 alumnos da materia de Educación Plástica e Visual de 4º da ESO do Instituto de Educación Secundaria Rosalía de Castro de Santiago de Compostela que reflicten a súa visión sobre a problemática arredor da auga.
Congreso A convivencia nas aulas: tarefa de todos. Galiza
5, 6 de maio de 2006
Concienciar da necesidade de actuación conxunta de tódolos sectores relacionados coa educación para supera-los problemas de convivencia escolar, recibir información sobre Plans de Convivencia Escolar, proporcionar un foro de intercambio de ideas sobre a convivencia nos centros educativos e coñecer experiencias sobre proxectos de centro relacionadas coa mellora da convivencia escolar.
Educaacción: cooperación, xénero e autoestima para todas as idades
A filosofía de Educaacción, o programa educativo creado por Lilith dentro da “Cultura Circula”, procura incidir nos chamados contidos transversais no sistema educativo, é dicir, na Educación en Valores.
Escola de Tempo Libre Animacción
A Escola de Tempo Libre Animacción está recoñecida pola Dirección Xeral de Xuventude co número de rexistro G-28. Funciona desde principios do ano 2001. A día de hoxe é a única Escola de Tempo Libre con sé oficial na cidade de Ourense.
Guía de literatura infantil e xuvenil non discriminatoria. 2004
Seminario permanente de educación para igualdade
No dossier ofrécese en primeiro lugar a ficha da obra, a súa portada, o lectorado ao que se dirixe, a descrición
da historia que transmite o texto, facendo fincapé nos elementos que achega cara á igualdade, e
un conxunto de suxestións didácticas que sirvan de orientación a quen ten como función a mediación.
Historia del primer matrimonio "gay" en España
Por Manuel García Solano
MARCELA Y ELISA, maestras de escuela, vivieron su lesbianismo en secreto hasta que decidieron casarse por la Iglesia. Para engañar al sacerdote Elisa se hizo pasar por Mario y llevó al altar a su amada, hija de un capitán del Ejército. Ocurrió en A Coruña, el 8 de junio de 1901. Al ser descubiertas, tuvieron que huir de España. Pero ya habían pasado a la Historia como el primer matrimonio homosexual. Son dos mujeres y se casaron en 1901. Sin duda una historia que ayudará a las y los docentes a trasladar al aula el debate y la reflexión sobre la necesidad de reconocer los derechos sexuales de las personas.
Lanzadeira, una web con recursos dende unha perspectiva solidaria
O proxecto que presentamos pretende ser o instrumento co que tezamos unha nova rede na que teñan cabida as nosas necesidades, os nosos anceios e os nosos soños, as nosas reflexións; unha rede cómplice doutras irmás, aberta ao mundo e con ansias de medrar; unha rede deseñada para a comunicación, para a expresión e o desenvolvemento creativo; unha rede na que o intercambio de experiencias, o acceso á información e á dispoñibilidade de recursos terán lugar dende unha perspectiva solidaria.
Marea nera na escola
A escola non debe estar
desligada da realidade.
Desde edugaliza queremos manter informada a comunidade
educativa galega,
dar testemuña do labor
desenrolado desde as escolas
e aportar propostas para superar
a marea negra que está a
asolagar os corazóns
e as almas
de todos e todas
Mistura: Escola de Tempo Libre
Un Proxecto de formación, especialización e actualización nas actividades e técnicas orientadas a promover e utilizar adecuada e positivamente o ocio e o tempo libre.
Moitollo! Sensibilización da prevención de riscos laborais na poboación escolar
O obxectivo desta iniciativa é acadar que dende as idades máis pequenas se interiorice a cultura da prevención, de tal xeito que á hora de enfrontarse nun futuro aos riscos laborais asuman a prevención dun xeito innato.
Nova Escola Galega
A actual política educativa e organización escolar en Galiza non responde
cabalmente ás necesidades educacionais da sociedade galega, ao descoñecer en
grande medida a súa lingua, a súa cultura e a súa complexa realidade e ao non
estar tampouco en sintonía co intenso movemento de renovación pedagóxica
presente nas sociedades máis avanzadas.
Os ecosistemas
Autora: Elena Peña Novás do C.E.I.P. de Arzúa
Para que os nenos chegasen a adquirir, de forma máis sinxela, os conceptos de hábitat, poboación, comunidade, ecosistema dos seres vivos que habitan nunha mesma zona, ocorréusenos decorar e distribuila clase cos diferentes ecosistemas, concretamente: o Polo Norte, o deserto, a selva, o mar e o campo.
Plataforma gallega pro inclusión de las personas TEA, TGD, TC y TEL
Un grupo de personas preocupadas por la inclusión educativa, social y laboral, de los niños, niñas, chicos y chicas con trastornos de la comunicación, trastornos de conducta, del espectro autista o trastornos generalizados del desarrollo.
Proxecto de innovación educativa "Polo monte"
O Proxecto de Innovación Educativa “POLO MONTE” convócase o 20 de Xaneiro do 2007, a inscrición está aberta ata o 20 de febreiro, e o traballo desenvólvese dende este momento ata maio, cando se presentan os resultados. Ten un recoñecemento de 30 horas para o profesorado participante.
Seminario Galego de Educación para a Paz
Seminario Galego de Educación para a Paz naceu en 1985 como un Seminario Permanente promovido por un grupo de profesionais dos distintos niveis do ensino (desde a educación infantil ata a universidade) sensibilizados diante da ausencia de materiais didácticos e reflexións teóricas sobre a Educación para a Paz en xeral ou especificamente sobre os dereitos humanos, a tolerancia, a solidariedade, o ecopacifismo, a solución pacífica de conflictos, a interculturalidade ou a Cultura de Paz.
Separados por el océano, unidos por la Educación
Julio y agosto han sido meses muy especiales para dos centros educativos separados por el océano Atlántico pero unidos desde hace tiempo: el IES "Carlos Casares" de Viana do Bolo (Ourense) y la Unidad Educativa "Timoteo Rondales" de Bermejo" (Santa Cruz, Bolivia)
Sétimo Foro Galego de Educación para a Igualdade. Santiago de Compostela
10 e 11 de xuño de 2005
Na sétima convocatoria desta actividade formativa centralizada, organizada polo Seminario Permanente de Educación para a igualdade, e seguindo con obxectivo de construír unha sociedade onde as mulleres e os homes teñan as mesmas oportunidades, decidiuse prestarlles unha especial atención ás circunstancias que rodean a vida das nenas e das rapazas pertencentes a culturas que non son as maioritarias no noso contorno.
Somos Acó
XVIII Encontro galego e XI Galego-Portugués de Educadores/as pola paz. Setubal (Portugal)
15, 16 e 17 de abril, 2005
Un ano máis está convocada a cita anual das educadoras e educadores pola paz galegos e portugueses. Nesta ocasión corresponde facelo en Portugal e o lugar da cita é a cidade de Setúbal, o sul de Lisboa.
|
|
|
|
|