|
|
|
| |
|
|
|
Lanzadeira, una web con recursos dende unha perspectiva solidaria
|
|
|
|
A lanzadeira é a agulla coa que as nosas mulleres e os nosos homes do mar tecen as súas redes.
O proxecto que presentamos pretende ser o instrumento co que tezamos unha nova rede na que teñan cabida as nosas necesidades, os nosos anceios e os nosos soños, as nosas reflexións; unha rede cómplice doutras irmás, aberta ao mundo e con ansias de medrar; unha rede deseñada para a comunicación, para a expresión e o desenvolvemento creativo; unha rede na que o intercambio de experiencias, o acceso á información e á dispoñibilidade de recursos terán lugar dende unha perspectiva solidaria.
BIOGRAFÍAS DE PENSAMENTO
Que son, para que serven, como facer unha; todo o que queiras saber sobre as biografías de pensamento telo ao teu alcance.
WEBQUEST
Aprende connosco que son, como se empregan e utiliza a nosa lanzadeira para crear webquest dun xeito sinxelo e ameno.
http://www.lanzadeira.net/
|
|
|
|