Llevouse a cabo nas escolas unitarias pertencentes ao C.R.A. Vedra-Boqueixón unha campaña de concienciación sobre o consumo responsable da auga.
O monitor Rubén Villasenín cos nenos e nenas do CRA Esta campaña foi deseñada por Rubén Villasenín, monitor de educación ambiental do Concello de Vedra, quen fixou como obxectivo principal a promoción dunha toma de conciencia crítica e sensible respecto da problemática do malgasto da auga tentando espertar n@s máis cativ@s un sentimento de responsabilidade na conservación dos recursos naturais e moi especialmente da auga.
Partindo da natureza interdisciplinar da educación ambiental, realizáronse unha serie de actividades nas cales transversalmente se practicaron outras áreas da educación.
Tanta auga é pouca auga. Dinámica de experimentación destinada ao coñecemento das características da auga e á súa comprensión como recurso limitado. Con esta dinámica estimúlase a capacidade de reflexión e asimilación d@s nen@s.
Contacontos "Un día sen auga". Dinámica destinada a promove-la sensibilización
d@s máis cativ@s en canto á problemática do malgasto de auga. Esta dinámica estimula a imaxinación e esperta inquietudes pola lectura e pola escritura.
Aprendendo a coidala auga. Dinámica consistente na realización de tres fichas (¿quén usa ben a auga?, ¿para que se usa a auga? e ¿cómo e porqué se usa a auga?) coas que se pretende educar en consumo responsable mentres se desenvolven aptitudes artísticas e literarias.
Coidando a auga. Dinámica destinada á práctica de bos hábitos de consumo de auga. Coa súa execución desenvólvense facultades para a interpretación e espértase o sentimento de responsabilidade nos problemas ambientais.
O monitor Rubén Villasenín cos nenos e nenas do CRA Como remate á campaña de sensibilización realizouse en tódalas escolas do C.R.A. unha actividade de avaliación na cal se puido comprobar que os obxectivos inicialmente propostos se cumpriron segundo o agardado.