A actual política educativa e organización escolar en Galiza non responde
cabalmente ás necesidades educacionais da sociedade galega, ao descoñecer en
grande medida a súa lingua, a súa cultura e a súa complexa realidade e ao non
estar tampouco en sintonía co intenso movemento de renovación pedagóxica
presente nas sociedades máis avanzadas.
Estas carencias provocaron hai xa varios anos unha dinámica de cooperación
por parte de varios núcleos de ensinantes galegos, chegando mesmo algún
deles a dárense unha denominación.
Así foron, entre outros, os casos de
ALBE, AVANTAR, ESCOLA ABERTA, ESCOLA DRAMÁTICA
GALEGA, LUBRICÁN, MOVEMENTO COOPERATIVO DE ESCOLA
POPULAR GALEGA, PREESCOLAR NA CASA, SOCIEDADE
GALEGA DE XEOGRAFÍA e XILBARBEIRA. As intencionalidades
pretendidas eran semellantes ás que aquí se enuncian.
Faise sentir a conveniencia de coordinar máis profundamente as distintas
actividades e impulsar outras novas que abrangan a un maior número de
ensinantes e outros profesionais, sendo por iso polo que se constitúe a
presente Asociación NOVA ESCOLA GALEGA.