Un ano máis está convocada a cita anual das educadoras e educadores pola paz galegos e portugueses. Nesta ocasión corresponde facelo en Portugal e o lugar da cita é a cidade de Setúbal, o sul de Lisboa. Como ven sendo costume nos Encontros, será unha boa ocasión para escoitar e debater cos ponentes os grandes temas que nos afectan, como é o caso da axenda hexemónica que probablemente sexa relanzada despois da vitoria dos republicanos en EE.UU. Pero ademáis da escoita e do debate, os Encontros reservan parte do seu tempo para facer práticas nos obradoiros (oficinas), escoitar experiencias, asistir á presentación de materiais, xogar cooperativamente, bailar danzas do mundo, etc. E encontrarnos, saber dos nosos proxectos, das nosas ilusións, dos nosos problemas e dificultades na construcción dun mundo máis pacífico e xusto.
Pero, ademáis este Encontro ten outro elemento de vital importancia como é a constitución da Asociación galaico-portuguesa de educadores/as pola paz (AGAPPAZ), tal como se aprobou no anterior Encontro. Unha proposta que pretende fortalecer a vida deste movemento transfronteirizo que encetamos hai máis de doce anos, pero que, ademáis, quere ser un dos apoios fundamentais para constutir a rede ou Asociación Iberoamericana de Educadores/as pola Paz.
Até Abril, mes da esperanza, da liberdade e da paz.
PROGRAMA
Venres/6ª feira , 15 de Abril
16.00h.- Recepción
18.00h.- Xogos Cooperativos
19.15h.- Apertura e Boas vindas
19.30h.- Conferencia-debate: "A axenda hexemónica", por José María TORTOSA (Catedrático de Socioloxía da Universidade de Alicante. Autor de numerosos libros e artigos).
21,00h.- Cea/ Jantar.
22.00h.- Ponto de encontro. Presentación das organizacións presentes. Dinámicas de presentación e coñecemento.
Sábado, 16 de Abril
08.00h.- Almorzo/Pequeno almoço.
09.30h.- Tema de Estudo: "Educación e paz", por José BARATA MOURA (Reitor da Universidade de Lisboa)
10.30h.- Debate en gran grupo
11.30h.- Pausa
12.00h.- Presentación de experiencias, comunicacións e materiais
13.30h.- Xantar/Almoço
16.00h.- Obradoiros/ Oficinas (2 sesións de 2h cun descanso no medio): Cada participante escolherá um dos seguintes:
Danças do mundo, por Paulo FERREIRA RODRIGUES
(Professor na Área de Educação Musical da Escola Superior de Educação de Lisboa).
Os xogos cooperativos na criazón de grupo, por Xesús R. JARES (Catedrático da Universidade da Coruña. Coordenador de Educadores/as pola paz-NEG).
Sons para a Paz (Propostas para uma exploração didáctica em torno da Paz, nos seus aspectos rítmico, vocal e melódico), por Francisco FARALDO (Professor e formador de professores, actualmente em funções no Instituto Espanhol de Lisboa; Coordenador da Associação para a amizade hispano-lusa ÁREA IBÉRICA).
O sicodrama, unha ponte entre culturas, por Augusto SUÁREZ GÓMEZ (Sicomotricista e Educador social. Profesor Técnico de Formación Profesional IES de Chapela, Pontevedra).
Animar a palavra com sombras chinesas, por Eurídice ROCHA (Professora na Área de Educação Musical em Coimbra).
Todos somos da cor do arco iris. Estratexias antirracistas, por Martín RODRÍGUEZ ROJO (Profesor da Universidade de Valladolid).
20.30h.- Cea/Jantar
21.30h.- Festa da Paz
Domingo, 17 de Abril
09.00 h.- Almorzo/Pequeno almoço.
10.00 h.- Constitución da organización galaico-portuguesa de educadores/as pola paz: Aprobación de estatutos e elección da súa primeira Xunta direitiva.
11.00 h. -Nomeamento do seu primeiro socio de honra.
11.45 h.- Pausa
12.00 h.- Asamblea: Avaliaçión do Encontro
13.00 h.- Xantar/Almoço.
14.00 h.- Clausura/Encerramento do encontro
EXPOSICION E VENDA DE MATERIAIS:
Durante o ENCONTRO haberá exposición e venda de materiais. As persoas/grupos que queiran desenvolver unha destas actividades deben comunicalo á organización.
PRESENTACION DE COMUNICACIÓNS E EXPERIENCIAS:
As persoas que queiran presentar experiencias ou comunicacións deben comunicarllelo á organización e adxuntar nun folio o resumo da mesma. Prégase acompañalo con soporte informático ou ser enviadas por correo-e á dirección: jares@udc.es
Data tope de entrega: 31 de marzo.
PREZOS:
1. Pensión completa a fin de semana máis matrícula en habitación dobre:
a) Socios de NEG ; socios do MEP; estudantes e parados/desempregados até o día 18 de marzo: 110 euros. Despois desa data: 130 euros.
b) Resto das persoas: 120 euros até o día 18 de marzo. Despois desa data o precio é de 140 euros.
As persoas que queiran habitación individual teñen que pagar un suplemento de 30 euros.
2. Só matrícula:
a) Ata o día 31 de marzo:
Socios/as de NEG; socios/as do MEP; estudantes e parados/as,: 25 euros.
Resto: 40 euros.
b) Despois do 31 de marzo:
Socios/as de NEG; socios/as do MEP; estudantes/as e parados/as,: 35 euros.
Resto: 50 euros.
CERTIFICACIÓN:
* Entregase certificado oficial aos asistentes así como aos que presenten experiencias/comunicacións.
* Para as/os estudantes das universidades solicitarase a concesión de 1,5 créditos de libre configuración, tal como foi concedido pola Universidade da Coruña para Encontros anteriores.
INSCRIPCIONS:
Enviar os datos persoais da ficha de inscripción xunto coa fotocopia do xustificante da transferencia bancaria a:
A) PORTUGAL:
EB1/JI da baixa da Banheira nº2
Rua dos Açores
2835-112 Baixa da Banheira
Portugal
CONTA nº: 0141 091813300 da Caixa Geral de Depósitos
(Barreiro - Portugal)
B) GALIZA:
Educadores pola paz
Apdo. 577
36200 VIGO (Pontevedra) (España)
CONTA a nome de: Educadores pola Paz
Nº: 2080.0000.71.0040194535 de Caixanova (Oficina principal) en Vigo.